lunes, 12 de abril de 2010

O INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB SUBCAMPIÓN DA VILAGARCÍA BASKET CUP FUTURE STARS 2010

.

O Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, proclamouse subcampión da Primeira Edición da Vilgarcía Basket Cup Future Stars 2010 que se celebrou os pasados días 1, 2 e 3 de abril no recinto ferial de Fexdega en Vilagarcía de Arousa.

.

O noso equipo, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, participou no VBC Future Stars de categoría Infantil Feminina xunto ao Ponce de Valladolid, Pontumio e C.B. Arxil. O primeiro partido co que abriron a súa participación no torneo foi ante este último, ante o equipo pontevedrés, partido que dominaron as nosas xogadoras desde o comezo do memso conseguindo un resultado final de 63-38.

.

O segundo partido tivo lugar o día 2 de abril ante o Pontumio, encontro no que despois dun intenso primeiro período o noso conxunto conseguiu unha diferenza de dez puntos que se mantivo ata o final para rematar cunha nova victoria (50-41).

.

O sábado día 3 de abril, o noso equipo xogou o seu último partido no torneo ante o Ponce de Valladolid, o outro equipo invicto ata o momento, polo que o partido se convertía na final da Vilgarcía Basket Cup Future Stars 2010.

.

O encontro dominou pola igualdade entre ambos combinados con tanteos a favor para cada equipo. Esta gran igualdade permaneceu ata os últimos momentos do partido nos que a falta de 26 segundos o Seis do Nadal perdía por dous puntos e conseguía a posesión. Nesa posesión as nosas xogadoras chegaron a realizar tres lanzamentos a canastra sen acerto e o cronometro volveuse a parar a falta de 11 segundos despois dunha persoal realizada polo equipo contrario.

.

Nesta última oportunidade o noso equipo tampouco conseguía a canastra que lle garantizaba a prórroga, ou incluso a vitoria do torneo, polo que despois dunha falta rápida o equipo de Valladolid proclamábase campión da Vilagarcía Basket Cup Future Stars 2010.

.

.

O equipo Infantil Feminino "A" do club con Chicui, mascota do Unicaja, na Vilagarcía Basket Cup Future Stars 2010.