martes, 13 de abril de 2010

O SÉNIOR MASCULINO ZONAL XOGARÁ POLO 9º E 10º POSTO DA LIGA ZONAL DVB DIVISIÓN "B" 09/10

.

O Sénior Masculino Zonal, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, rematou a primeira fase da Liga Zonal DVB Sénior Masculina desta tempada 2009/2010 na quinta posición da clasificación.

.

O noso conxunto despois dos doce encontros xogados da Liga Zonal DVB conseguiu un balance de cinco vitorias e sete derrotas. O último partido do noso equipo da fase regular foi no Colexio Seis do Nadal ante o San José de la Guía "B", nun partido onde o marcador rematou a favor do conxunto visitante cun resultado final de 50-60.

.

A clasificación final do Grupo "B" da División "B" da Liga Zonal DVB Sénior Masculina 2009/2010 é a seguinte:

.

.

O noso equipo xogará os cruces de clasificación polo 9º e 10º posto da Liga Zonal DVB Sénior Masculino División "B" ante o quinto clasificado do Grupo "A" da competición, o C.B. Baiona.

.

O partido de ida deste cruce se xogou o pasado domingo 11 de abril no Colexio Seis do Nadal, gañando o encontro o C.B. Baiona cun marcador final de 48-55. O noso equipo xogará a próxima fin de semana o partido de volta no Pavillón Municipal de Baiona, partido que decidirá o noveno clasificado da liga.