..
O conxunto Alevín Masculino "B", Caixanova Illas Cíes, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia finalizou a Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Masculino 2009/10 na cuarta posición da clasificación do Grupo A1-B.
..
Este conxunto adestrado por Sergio García e Leticia Estévez mostrou, nos seis partidos que disputou na segunda fase, unha gran actitude e un gran esforzo e traballo. A clasificación final do Grupo A1-B da Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Masculino foi a seguinte:
..
..
O equipo Alevín Masculino "B", Caixanova Illas Cíes, xogará os cruces de clasificación polos postos do 5º ao 8º. O primeiro cruce será ante o C.B. Tui Seta "B", terceiro clasificado do Grupo A1-A. O outro dos cruces de clasificación será entre o Canteiras "B" e o Maristas "B", equipo clasificado no cuarto lugar do Grupo A1-A da competición.
..
O primeiro partido ante o C.B. Tui Seta "B" deste primeiro cruce foi disputado o pasado sábado 10 no Colexio Illas Cíes. Despois dun partido dominado pola igualdade entre ambos conxuntos o marcador final beneficiou por catro puntos ao C.B. Tui Seta "B" (41-45).
..
O partido de volta terá lugar esta fin de semana no Pavillón Municipal de Tui, partido que decidirá que equipo xogará pola consecución do 5º e 6º posto do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino e cal será o conxunto que xogará pola sétima e oitava posición.


