..
O equipo Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rematou a Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Feminino desta tempada 09/10 na primeira posición do Grupo A1-B.
..
O noso combinado adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero disputou seis encontros nesta segunda fase, cun balance positivo de cinco vitorias ante soamente unha derrota ante o Canteiras "A". A clasificación final do Grupo A1-B da Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Feminino foi a seguinte:
..
..
Esta primeira posición do Grupo A1-B clasifica ao noso grupo para disputar as semifinais do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino 2009/2010. Nestas semifinais o Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, xogará ante o segundo clasificado do Grupo A1-A, o C.B. Baiona.
..
O primeiro dos partidos destas semifinais tivo lugar o pasado sábado no Pavillón Municipal de Baiona, partido no que o noso equipo non puido facerse coa vitoria e encaixou unha derrota pola mínima diferenza (27-26).
..
Esta fin de semana se disputará o partido de volta no Colexio Seis do Nadal, encontro no que as nosas xogadoras de seguro amosarán a mellor das súas imaxes para poder darlle a volta ao marcador do primero encontro e lograr así a clasificación para a Final do Campionato Zonal Alevín Feminino 2009/2010.


