..
O conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal rematou a Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Masculino da presente tempada 2009/2010 na primeira posición do Grupo A1-A.
..
Este conxunto adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño disputou seis encontros nesta segunda fase, conseguindo o pleno de vitorias e deixando a seguinte clasificación:
..
..
Este primeiro posto do Grupo A1-A clasifica ao noso conxunto para disputar as semifinais do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino 2009/2010. Nas semifinais o Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, xogará ante o segundo clasificado do Grupo A1-B, o Colexio Salesianos.
..
O partido de ida destas semifinais se xogou o pasado sábado no Colexio Salesianos, encontro no que o noso conxunto conseguiu unha traballada vitoria cun marcador final de 31-51.
..
A próxima fin de semana celebrarase o partido de volta destas semifinais nas instalacións do Club Baloncesto Seis do Nadal, partido no que o noso equipo se pode converter nun dos dous equipos finalistas do campioanto.


