miércoles, 14 de abril de 2010

O ALEVÍN FEMININO "B" XOGARÁ POLO 13º E 14º POSTO DA LIGA ZONAL ALEVÍN FEMININA 2009/2010

..

O noso equipo Alevín Feminino "B", Caixanova Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia finalizou a Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Feminino 09/10 na quinta posición da clasificación do Grupo A2.

..

Este conxunto adestrado por Aalí Mohamed e Sandara Solano, e composto integramente por xogadoras de primeiro ano de categoría alevín, amosou unha gran determinación e esforzo en tódolos encontros disputados, cun balance de dúas vitorias e tres derrotas. A clasificación final do Grupo A2 desta Segunda Fase do Campionato Zonal Alevín Feminino foi a seguinte:

..

..

O grupo Alevín Feminino "B", Caixanova Celso Emilio Ferrerio, xogará o cruce de clasificación polos postos 13º e 14º, o cal enfrontará ao noso equipo ante o C. Mariano, sexto clasificado do Grupo A2.

..

O primeiro partido deste cruce tivo lugar o pasado sábado día 10 no Colexio Mariano, partido no que o noso equipo se levou unha merecida vitoria por 11-37. O partido de volta terá lugar esta fin de semana no Colexio Celso Emilio Ferreiro, partido no que o noso equipo demostrará, unha vez máis, todas as súas progresións e melloras.