
.
.
O C.B. Baiona participará na Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete 2010 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.
.
O equipo do C.B. Baiona que competirá nesta nova Edición do Torneo Internacional Cadete é o Cadete Masculino que participará na categoría Cadete Masculina Serie "B" o venres día 2 de abril do 2010.
.
O C.B. Baiona, despois de participar na Primeira e Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete, volverá a repetir a experiencia nesta nova tempada 2009/10 na Terceira Edición.

