martes, 2 de marzo de 2010

O F.C. PORTO PARTICIPARÁ NA TERCEIRA EDICIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL CADETE DO CLUB

.

.

O F.C. Porto (Oporto - Portugal) participará nesta Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete 2010 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

Os equipos do F.C. Porto que competirán nesta nova Edición do Torneo Internacional Cadete son o Cadete Masculino que participará na categoría masculina Serie "A" o domingo día 4 de abril, e o conxunto Cadete Feminino que participará na categoría feminina o sábado día 3.

.

O F.C. Porto, despois de participar na Primeira e na Segunda edición do noso Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" con conxuntos de categoría masculina, volverá a repetir a experiencia nesta nova tempada 2009/2010 cun dous equipos, masculino e feminino.