miércoles, 3 de marzo de 2010

NOVO CURSO DE INICIACIÓN PARA ADESTRADORES NA DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO

.

A Escola Galega de Adestradores de Baloncesto inaugura no presente mes de marzo os seus Cursos de Iniciación correspondentes ao ano 2010. A Delegación de Vigo será a encargada de acoller o primeiro e dar así unha oportunidade a tódolos seguidores do baloncesto que desexen iniciarse como adestradores.

.

A Delegación de Vigo acollerá durante este mes de marzo e no próximo mes de abril o primeiro Curso de Iniciación da Escola Galega de Adestradores para a tempada 2009/2010.

.

As clases serán repartidas en dúas fins de semana completas (13 e 14 de marzo e 17 e 18 de abril), e levaranse a cabo en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

.

O Colexio Maristas acollerá a actividade, a cal contará cun elenco de profesores completo e de grande calidade. Así, os alumnos poderán contar coa experiencia e profesionalidade de adestradores e adestradoras da talla de César Iglesias, Jaime Timiraos, Cristina Cantero, Carlos Colinas, o propio director do curso, Cuco Rodríguez, así como Miguel Méndez, adestrador actual do Real Club Celta de Liga Feminina 2 e recentemente nomeado seleccionador español feminino U18 .

.

A participación neste primeiro curso da temporada require un proceso fixo de inscrición para o cal a Escola Galega de Adestradores habilita unha data límite, o vindeiro día 11 de marzo, xornada anterior a fin de semana inicial do curso.

.

Deste xeito, e antes desta data, os interesados e interesadas en formar parte deste Curso teñen que achegar á Delegación Viguesa de Baloncesto o formulario de inscrición.

.

Así mesmo, deberán entregar a fotocopia compulsada do DNI, dúas fotografías tamaño carné, e xustificante de ter pagado a cota de inscrición ao curso, así como a copia compulsada da titulación académica.