sábado, 27 de marzo de 2010

DOBRE VITORIA DE GALICIA ANTE EXTREMADURA NA 1ª XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA MINI 2010

.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet rexistrou un inicio perfecto para as seleccións galegas. Foi ante o mesmo rival, á mesma hora e no mesmo pavillón tal e como os combinados galegos obtiveron sendas vitorias que abren o bo camiño nesta competición.

.

Os trunfos galegos viñeron antes as seleccións extremeñas e, para a súa consecución, ambos combinados galegos estiveron sempre dominando no marcador, sen baixar o seu control do resultado do encontro.

.

Tanto os xogadores como as xogadoras de Galicia saltaron á pista entusiasmados co seu comezo neste Campionato de España. A intensidade e os nervios iniciais pronto se diluíron en ocasións claras, xogo de equipo e bo ritmo que os levou ás vitorias finais.

.

Os resultados definitivos foron de 65-84 para o conxunto onde militan Borja Astray e Sergio González, xogador e Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e de 50-79 para o combinado no que milita Alicia Muñoz, xogadora da entidade viguesa.

.

Na xornada de onte, e con toda a tarde para aproveitar da experiencia e do resto de encontros que se están a desputar en Cádiz, os combinados galegos tiveron a oportunidade de descansar e pensar nos seus encontros de hoxe. Novamente ás 13:30 horas, os rivais serán La Rioja en categoría feminina e Navarra en categoría masculina.

.

Estes dous equipos tamén desputaron na mañá de onte os seus respectivos partidos que completaron a primeira xornadas nos grupos das Seleccións Galegas. Os resultados destes foron os seguintes. En categoría masculina Navarra xogou ante o Principiado de Asturias cun resultado de 74-117 a favor do equipo asturiano, sendo o combinado de La Rioja en categoría feminina o vencedor do encontro que a enfrotnou a Principiado de Asturias (60-43).