.
A expedición galega en Cádiz completou o domingo día 28 de marzo, de novo, unha xornada vitoriosa. Ambas as Seleccións da nosa Comunidade cumpliron á perfección sobre a cancha e obtiveron un resultado moi positivo na segunda xornada do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
.
Ás 13:30 horas pola mañá daban comezo os dous encontros galegos. No primeiro deles, o de categoría masculina, o equipo no que militan Borja Astray e Sergio González, membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, culminaron unha grande actuación marcada pola maior rodaxe do equipo, a cal crece conforme vai avanzando a competición.
.
Tras un primeiro cuarto igualado (11-20) a cunha boa defensa en primeira liña dos galegos, así como o gran acerto no tiro exterior, permitiron establecer as diferenzas co combinado navarro, que actuaba como local.
.
Os restantes parciais do encontro, sempre a favor dos galegos foron marcando as pautas dunha vitoria (49-100) que outorga máis ánimo, se cabe, para afrontar a importante xornada de hoxe. Así, o encontro de hoxe, lunes día 29 de marzo, ante o Principado de Asturias, ás 13:30, dilucidará as posibilidades de ascenso ao grupo especial da nosa selección.
.
Pola súa banda, e tamén dominando o marcador de inicio a fin de encontro, obtiveron a súa vitoria e o conseguinte ascenso ao grupo especial a Selección Feminina na que xoga Alicia Muñoz, xogadora da nosa entidade. As galegas iniciaron o encontro moi concentradas cun primeiro parcial de 10-0.
.
Os segundos oito minutos, cun cinco diferente sobre a pista no que se atopaba Alicia Muñoz non alterou a superioridade galega. Mantívose un ritmo que permitía incrementar, pouco a pouco, a marxe no marcador, o cal rexistraba un 65-12 ao final do encontro.
.
As xogadoras galegas grazas a esta nova vitoria lideran a clasificación do seu grupo e xa están matematicamente ascendidas ao Grupo Especial de cara ao vindeiro Campionato de España do ano 2011.
.
Antes disto e para disfrutar co seu xogo no que queda de competición neste 2010, saltarán hoxe á pista ás 13:30 horas co Principado de Asturias como rival para consolidar cun novo trunfo a súa boa fase previa. O equipo asturiano conta ata o día de hoxe con dúas derrotas, a última na mañá de onte ante Extremadura (86-53).


