sábado, 27 de marzo de 2010

AS SELECCIÓNS GALEGAS NA PREVIA DA SÚA ESTREA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MINIBÁSQUET 2010

.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet "CLAS" ponse en marcha hoxe, sábado día 27 de marzo do 2010, en San Fernando (Cádiz). A esta vila gaditana chegaron o pasado venres día 26 a expedición da Federación Galega de Baloncesto para competir e desfrutar da experiencia xunto a un total de 450 deportistas.

.

Nesta expedición o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está representado por Borja Astray e Sergio González, xogador e técnico da Selección Galega Mini Masculina, e Alicia Muñoz, xogadora do conxunto galego feminino.

.

Os combinados galegas masculina e feminina competirán a partir de hoxe encadradas no Grupo Preferente "D", grupo no que tamén están inmersos o Principiado de Asturias, Rioja e Extremadura en categoría feminina e Principiado de Asturias, Extremadura e Navarra, en masculina. Todos eles disputarán unha liguiña inicial que deparará os posteriores cruces directos de clasificación.

.

As Seleccións Galegas de Mini inaugurarán o seu papel en San Fernando durante a xornada de hoxe. A partir das 13:30 hora ambos combinados, no Pavillón do Parque, terán como primeiros rivais ás seleccións de Extremadura.

.

Con este primeiro escalón na súa mente e de cara a entrar na dinámica do campionato, os xogadores e xogadoras galegos traballaron e adestraron na xornada do venres. Nesta sesión tódolos combinados apuntalaron todas as cuestións precisas para a primeira xornada, na que agardamos que os rapaces e rapazas disfruten dun bo e inesquecible inicio de Campionato de España.

.

Pulsando na seguinte imaxe podedes acceder á revista oficial do Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2010.

.