.
"Papá, no sé como contarte lo mucho que me gusta jugar. Cuando estoy en la cancha, todo se me olvida. Sólo oigo el público, la pelota botando y los gritos de mis compañeiros, mi equipo. ¿Te acuerdas? Tú me regalaste mi primer balón. ¿Te acuerdas o no?"
.
Un pai que se xoga moito máis que o seu propio fillo na pista. A amizade de dous rapaces, misturada co baloncesto, e con dous pais enfrontados por amosar cal dos seus fillos é o mellor. Os soños dos pais, proxectados na diversión dos seus nenos. A histórica pista madrileña do Canoe. Un partido con todo en xogo.
.
Juanma López Iturriaga facendo de actor, Pepu Hernández aproveitando o tempo para adestrar un equipo de nenos, os irmáns Llorente e José Luis Redondo de árbitro inclusive na ficción.
.
Esta é a base do corto "Seis contra seis", dirixido por Marco Fettolini e Miguel Aguirre, e escrito por Fajardo, unha historia co baloncesto como fundamento, no que se entrecruzan lazos familiares e de amizade. Pero coa pista como xuíz final.
.
"Cuando entramos en el pabellón, los problemas se quedan fuera. Todos tenemos alguno, pero los problemas se quedan fuera. Aquí sólo tenemos al equipo. Sois vosotros los que os tiráis al suelo a por el balón. Sois vosotros los que os quedáis en el banquillo mientras otros juegan. El equipo es la familia. ¿Lo tenemos claro?". O que fala non é un simple actor.
