
.
.
O G.D.G. Basquetebol (Gafanha - Portugal) participará na Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.
.
Os equipos do G.D.G. Basquetebol que competirán nesta nova Edición do Torneo Internacional Cadete son o conxunto Sub-16 Masculino que participará na categoría masculina Serie "B" o venres 2 de abril, e o equipo Sub-16 Feminino que xogará en categoría feminina o sábado día 3 de abril.
.
Esta club, despois de participar na Primeira e na Segunda Edición do Torneo, volverá a repetir a experiencia nesta nova tempada 2009/2010.
