
.
.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza a Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2009/2010. Despois do gran éxito e acollida das dúas edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 2, 3 e 4 de abril do 2010.
.
Os equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participarán nesta Terceira Edición do Torneo son o Cadete Masculino "A", Izmar Seis do Nadal, adestrado por Albert Tomas e Breixo Solla; o Cadete Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Borja Martínez; o Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, dirixido por David Fernández e Enrique Celeiro; e o Cadete Feminino, Seis do Nadal, adestrado por Francisco García.
.
Abrirán o torneo os equipos Cadete Masculino "B" e Cadete Masculino "C", o venres 2 de abril na categoría masculina Serie "B". O sábado 3 de abril tocaralle o turno ao Cadete Feminino, Seis do Nadal, en categoría feminina, para finalizar a Terceira Edición do Torneo o domingo 4 de abril co Cadete Masculino "A", Izmar Seis do Nadal, en categoría masculina Serie "A".




