sábado, 27 de febrero de 2010

TERCEIRA EDICIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL CADETE "COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO"

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza a Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2009/2010. Despois do gran éxito e acollida das dúas edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 2, 3 e 4 de abril do 2010.

.

Os días 2, 3 e 4 de abril do 2010, nas instalacións do Pavillón Municipal de Balaídos, reuniranse a un total de 18 equipos de categoría cadete con máis 250 deportistas e 40 técnicos.

.

O 3º Torneo Internacional Cadete 2010 contará con tres categorías diferentes. O venres 2 de abril disputarase o torneo de categoría Cadete Masculina Serie "B", o sábado 3 será o turno da categoría Cadete Feminina, e clausurará o torneo a categoría Cadete Masculina Seire "A" o domingo día 4.

.

Nos próximos días publicarase nesta páxina web moita máis información sobre a Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete, os equipos participantes, os horarios e os calendarios de xogo e moitas outras novidades do torneo.