viernes, 26 de febrero de 2010

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA RECIBE O PREMIO GALICIA DE XORNALISMO DEPORTIVO EN "INTERNET" 2009

.

.

.

O Auditorio de Galicia acolleu a Gala da Quinta Edición dos Premios Galicias de Xornalismo Deportivo, acto que organiza a Federación Galega de Prensa Deportiva.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recolleu o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na modalidade Internet. O xurado dos V Premios Galicia de Xornalismo Deportivo 2009 destacou da páxina web do C.B. Seis do Nadal a calidade do desenvolvemento e a capacidade de esforzo que un club de base aporta para situarse á vangarda da información.

.

Representando ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiron á Gala dos Premios Galicia: Mar Lago, Presidenta do club; Francisca García, Secretaria da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club e responsable da web.

.

O xurado concedeu a José María García o premio Enrique Mariñas. Na prensa escrita, o galardón foi para a publicación de pesca deportiva "Trueiro". Kiko Delgado, fotógrafo de El Correo Gallego, recibiu o premio de fotografía, e tamén foron distinguidas as emisións de TVG 2, a edición nocturna de Galicia en goles, de Radio Galicia, e a traxectoria de Maite Rodríguez en La Voz de Galicia.