jueves, 25 de febrero de 2010

AVISO IMPORTANTE: SUSPENDIDA A COMPETICIÓN DESTA XORNADA NAS LIGAS FGB E NAS LIGAS ZONAIS

AVISO IMPORTANTE (xoves 25 de febreiro)

.

A Federación Galega de Baloncesto, seguindo as ordes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en vista da adversa situación meteorolóxica que atravesa nestas datas a nosa Comunidade e por unha cuestión de prudencia, toma a decisión de suspender toda a competición desta xornada nas Ligas FGB e nas Ligas das Delegacións Zonais.

.

Polo tanto suspéndense todos os encontros de carácter autonómico e de ámbito zonal que se ían disputar na nosa Comunidade Autónoma esta fin de semana dos días 26, 27 e 28 de febreiro.

.

Ademais por estes motivos e por recomendación dos centros educativos suspéndense tódolos adestramentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a desenvolver o venres 26 de febreiro no CEIP Seis do Nadal, no CEIP Illas Cíes e no CPI Celso Emilio Ferrreiro.