
.
.
O C.B. Arxil (Pontevedra) participará na Terceira Edición do Torneo Internacional Cadete 2010 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 2, 3 e 4 de abril do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.
.
O equipo do C.B. Arxil que competirán nesta nova Edición do Torneo Internacional Cadete é o conxunto Cadete Feminino que participará na categoría feminina o sábado día 3 de abril.
.
O C.B. Arxil, despois de participar na Segunda Edición do Torneo e conseguir proclamarse equipo campión do mesmo en categoría feminina, volverá a repetir a experiencia nesta nova tempada 2009/2010.

