
A Preselección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizará o próximo domingo día 24 de xaneiro do 2010 unha nova concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta nova concentración, que terá lugar no Colexio Seis do Nadal a partir das 18:00 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal estará representado con tres xogadoras convocadas.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocadas nesta nova concentración serán Paula Sabido; xogadora do Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, adestradas e dirixidas por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; e Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto que participa na Liga FGB Infantil Feminina.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores nesta tempada 2009/10 da Selección Viguesa Infantil Feminina.
