![]()
Xa pasou unha semana desde que un terremoto converteu o que antes era unha zona desesperadamente pobre do mundo nunha situación de emerxencia humanitaria en todo o sentido da palabra. A carreira contrarreloxo para proporcinoar socorro á xente de Haití segue en marcha.
Os suministros chegan tódolos días por terra e por aire, e a distribución de auga potable, alimentos, botiquíns de hixiene e outros suministros de socorro mellorou enormemente. Aínda así cada un dos días que pasa presenta un novo desafío.
Centos, senon miles, de persoas están escapando de Puerto Príncipe, coas súas pertenzas atadas a un fardo ou apiladas en maletas que levan sobre as súas cabezas mentres tratan de fuxir ao campo. Todavía hai miles de persoas agardando nos campamentos que se estableceron espontaneamente en torno á capital en prazas e escolas.
Sobre os primeiros informes, o terremeto e aproximadamente unhas corenta réplicas deixaron un sufrimento inmenso nun país deficientemente equipado para adaptarse hasta no mellor dos casos. Escolas, casas e estradas quedaron destuídas e non hai instalacións suficientes para tratar a tódolos feridos e necesitados.
Desde o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén queremos apoiar e amosar a nosa pequena axuda publicando nesta web os enlaces de axuda de diferentes organizacións que traballan día a día cos miles de habitantes necesitados en Haití.
