
A Preselección Zonal Viguesa Alevín Masculina realizará o próximo domingo día 24 de xaneiro do 2010 unha nova concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta nova concentración, que se celebrará no Colexio Seis do Nadal de Coia ás 16:30 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal estará representado por Borja Astray, xogador do conxunto Alevín Masculino "A" da entidade, Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño.
