martes, 26 de enero de 2010

GRAN TRABALLO DOS EQUIPOS ALEVÍNS FEMININOS NA PRIMEIRA FASE DA LIGA ZONAL DVB 2009/10

O equipo Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rematou a primeira fase do Campionato Zonal Alevín Feminino desta tempada 09/10 na primeira posición do Grupo "A".

Este grupo adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero disputou seis encontros nesta primeira fase, conseguindo cinco vitorias e encaixando unha derrota, o que deixou a clasificación final da fase da seguinte maneira:

Esta fin de semana comeza a seguinte fase do Campionato Zonal Alevín Feminino 09/10 que enfronta aos catro primeiros clasificados de cada grupo e o conxunto Alevín Feminino "A" está encadrado no Grupo A1-B xunto ao Compañía de María, Salesianos e Canteiras "A". Pódese acceder ao calendario de xogo desta nova fase pulsando aquí.

O Alevín Feminino "B", Caixanova Celso Emilio Ferreiro, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rematou a súa primeira fase do Campionato Zonal Alevín Feminino 2009/2010 na sexta posición do Grupo "B".

Este equipo, adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Sandra Solano, amosou nesta primeira fase unha progresión e mellora constante día tras día, evolución que foi notable en cada un dos partidos disputados. A clasificación final desta primeira fase da competición foi a seguinte:

Esta fin de semana comeza a seguinte fase do Campionato Zonal Alevín Feminino e o noso conxunto Alevín Feminino "B" está encadrado no Grupo A2, grupo composto polos equipos que non conseguiron rematar a primeira fase dentro dos catro primeiros postos de cada grupo.

O noso conxunto xogará neste Grupo A2 xunto ao Apóstol, Enseñanza, Canteiras "B", C. Mariano e C.B. Airexa Nigrán. Pódese acceder ao calendario da nova fase pulsando aquí.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal queremos darlle a noraboa aos nosos equipos de categoría Alevín Feminina polo gran traballo e actitude que amosaron nesta primeira fase do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino, e tamén animarlles a seguir progresando nestas novas fases que comezan esta fin de semana.