PRESELECCIÓN ZONAL INFANTIL FEMININA

A Preselección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizará o próximo domingo día 31 de xaneiro do 2010 unha nova concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta nova concentración, que terá lugar no CEIP Illas Cíes a partir das 18:00 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal estará representado con tres xogadoras convocadas.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocadas nesta nova concentración serán Paula Sabido; xogadora do Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, adestradas e dirixidas por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; e Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto que participa na Liga FGB Infantil Feminina.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores nesta tempada 2009/10 da Selección Viguesa Infantil Feminina.
PRESELECCIÓN ZONAL INFANTIL MASCULINA


A Preselección Zonal Viguesa Infantil Masculina realizará o próximo domingo 31 de xaneiro do 2010 a súa primeira concentración nesta tempada 2009/2010.
Nesta primeira concentración da preselección, que terá lugar na pista do C. Maristas ás 16:30 horas, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia terá unha nutrida representación estando convocados seis xogadores.
Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal convocados neste primeiro adestramento serán Pablo García, Adrián López, Hugo López, Pedro Montenegro, César Rodríguez e Javier Vázquez, xogadores do Infantil Masculino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrados por Aalí Mohamed e Sergio García.
