jueves, 28 de enero de 2010

O SEIS DO NADAL PRESENTE NA CONCENTRACIÓN DAS SELECCIÓNS GALEGAS DE MINIBÁSQUET

Rematado o Campionato de España de Seleccións Cadetes e Infantís celebrado na cidade de Zaragoza, o traballo actual dos xogadores e xogadoras galegos nos combinados autonómicos céntrase agora na categoría de minibásquet masculina e feminina, cuxo campionato estatal está programado para o vindeiro mes de marzo.

Deste xeito, e configurando a que será a quinta convocatoria das preseleccións de minibásquet esta tempada, un grupo de xogadores e xogadoras convocados traballarán o vindeiro día 31 de xaneiro en Santiago de Compostela.

Esta xornada de adestramentos desenvolverase no Pavillón do Colexio Compañía de María desde as 11:00 horas da mañá ata as 18:00 horas.

En categoría masculina foi convocado do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia Borja Astray (1998), xogador do Alevín Masculino "A" do club, Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño. En categoría feminina foi convocada Alicia Muñoz (1998), integrante do conxunto Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrada por Beatriz Vaquero.

No corpo técnico da Selección Galega Alevín Masculina tamén houbo representación do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia posto que Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos seus integrantes.