O conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal rematou a primeira fase do Campionato Zonal Alevín Masculino da presente tempada 2009/2010 na primeira posición do Grupo "A".
Este conxunto adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño disputou sete encontros nesta primeira fase, conseguindo o pleno de vitorias e deixando a seguinte clasificación:
Esta fin de semana comeza a seguinte fase do Campionato Zonal Alevín Masculino 09/10 que enfronta aos catro primeiros clasificados de cada grupo e o equipo Alevín Masculino "A" está encadrado no Grupo A1-A xunto a Niño Jesús de Praga, Maristas "B" e C.B. Tui Seta "B". Pódese acceder ao novo calendario de xogo desta fase pulsando aquí.
O conxunto Alevín Masculino "B", Caixanova Illas Cíes, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia finalizou a súa primeira fase do Campionato Zonal Alevín Masculino 2009/10 no terceiro posto da clasificación do Grupo "B".
Este conxunto adestrado por Sergio García e Leticia Estévez mostrou nos seis partidos que disputou na primeira fase unha gran actitude e intensidade, conseguindo unha traballada e merecida terceira posición na clasificación:
Esta fin de semana comeza a seguinte fase do Campionato Zonal Alevín Masculino da presente tempada e o noso grupo Alevín Masculino "B" está encadrado no Grupo A1-B xunto ao Canteiras "A", Salesianos e Canteiras "B". Pódese acceder ao calendario do Grupo A1-B da nova fase pulsando aquí.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa aos nosos equipos Alevíns Masculinos pola gran primeira fase realizada e pola súa clasificación para a nova fase que comeza este mesma fin de semana, así como animarlles a seguir mellorando e progresando día a día.




