domingo, 6 de septiembre de 2009

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA CREA UNHA ESCOLA DEPORTIVA NA SOCIEDADE DEPORTIVA DE NAVIA

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia creou esta nova tempada 2009/2010 unha Escola Deportiva na Sociedade Deportiva de Navia, sociedade da Asociación de Veciños de Navia.

 

Esta nova Escola Deportiva Municipal que se integra dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas deste novo curso escolar adestrará os mércores de 16:00 a 17:30 horas no CEIP Alfonso Rodríguez Castelao.

 

Desta forma, o Club Baloncesto Seis do Nadal e a Asociación de Veciños de Navia, coa súa respectiva Sociedade Deportiva, colaborarán de xeito conxunto para promocionar e achegar o baloncesto ao polígono de Navia.