domingo, 6 de septiembre de 2009

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA NO PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS DO CURSO 2009/2010

Co motivo do inicio do novo curso escolar 2009/2010, comeza o Programa Municipal de Escolas Deportivas.

Novamente no Programa de Escolas Deportivas o noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é a entidade deportiva encargada de impartir a actividade de baloncesto escolar (masculino e feminino) entre os cativos e cativas da cidade.

Neste proxecto, o Instituto Municipal de Deportes promove, potencia e recoñece a actividade desempeñada pola nosa Entidade Deportiva, recoñecida polo Concello co Indicativo de Calidade na promoción da nosa modalidade deportiva, neste caso, o baloncesto.

Os obxectivos fundamentais cos que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia impartirá esta actividade escolar son:

- Fomentar a actividade deportiva entre os alumnos e alumnas que se axusten ás idades requeridas como un complemento á súa actividade física.

- Educar e formar constantemente nos valores de cooperación e solidariedade no desenvolvemento da práctica deportiva.

- Recoñecer as capacidades de cada un dos escolares no desenvolvemento da actividade deportiva.

- Potenciar as súas capacidades físico-deportivas.

O novo curso das Escolas Deportivas comezará a partir do próximo 1 de outubro. Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia animamos a tódolos nenos e nenas a iniciarse na modalidade deportiva do baloncesto escolar e anotarse na Escola Deportiva correspondete.

 

Proximamente serán públicas nesta páxina web as Escolas Deportivas que o noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coordinará esta nova tempada 2009/2010.