viernes, 21 de agosto de 2009

BORJA MARTÍNEZ ADESTRARÁ AO CADETE MASCULINO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2009/2010

Borja Martínez dirixirá ao equipo Cadete Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2009/2010. Este equipo volve a ser creado nesta nova campaña pola Dirección Deportiva debido ao elevado número de deportistas en idade cadete, e estará composto por xogadores nados nos anos 1994 e 1995

Xunto aos xa existentes Cadete Masculino "A", formado por xogadores nados no ano 1994 e adestrados por Albert Tomas e Breixo Solla, e o conxunto Cadete Masculino "C", formado por xogadores nados no ano 1995 e adestrados por David Fernández e Enrique Celeiro, créase o Cadete Masculino "B", grupo formado por xogadores nados nos anos 1994 e 1995 e adestrados por Borja Martínez.

Este conxunto xorde cos obxectivos de acoller ao elevado número de xogadores presentes na categoría cadete e de poder ofrecerlle a cada deportista as ensinanzas que precisa, de forma que a súa evolución e a súa progresión ao longo do ano sexa constante e acorde ás súas posibilidades e ás súas capacidades.

Borja Martínez despois de adestrar a pasada tempada 08/09 ás Escolas Deportivas Municipais do CEIP Seis do Nadal e do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao asumirá o reto de dirixir ao equipo federado Cadete Masculino "B" recién creado de novo nesta tempada 2009/2010.