Seguindo a liña de actuación no ámbito deportivo das pasadas campañas, o Club Baloncesto Seis do Nadal organizará novamente un ciclo de charlas técnicas formativas dirixidas a técnicos, adestradores e monitores no inicio da presente tempada 2009/2010.
Na primeira das xornadas deste ciclo de charlas formativas, que terá lugar o próximo sábado día 22 de agosto, César Iglesias e Pablo Sánchez serán os encargados de dirixir as accións de formación.
A primeira das charlas desta primeira xornada será dirixida por César Iglesias, adestrador superior e para a próxima tempada 2009/2010 adestrador do Beirasar Rosalía de LEB Plata. A súa charla, titulada "Conceptos de ataque e xogo por espazos", abordará a construcción dun ataque baseándose no xogo libre e no xogo por espazos.
"CONCEPTOS DE ATAQUE E XOGO POR ESPAZOS"
Día e Hora: SÁBADO 22 DE AGOSTO, ás 17:00 h.
Lugar: COLEXIO SEIS DO NADAL (COIA)
Conferenciante: CÉSAR IGLESIAS
Pablo Sánchez, Preparador Físico e adestrador axudante do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, será o encargado de dirixir a segunda charla que versará sobre Preparación Física. Máis concretamente a charla irá dirixida ao traballo específico da velocidade en categorías de formación, a súa aplicación e o seu desarrollo.
"DESARROLLO DA VELOCIDADE EN FORMACIÓN"
Día e Hora: SÁBADO 22 DE AGOSTO, ás 19:00 h.
Lugar: COLEXIO SEIS DO NADAL (COIA)
Conferenciante: PABLO SÁNCHEZ
Os contidos destas charlas de formación estarán orientados fundamentalmente á realidade técnica e deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, máis a entrada e asistencia é libre e poderán participar nelas tódalas persoas interesadas nas mesmas.

