O
Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia confirmou a continuidade un ano máis de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da
entidade para a próxima tempada 2009/2010. Deste xeito, o Club Baloncesto Seis
do Nadal Coia continuará traballando na mesma liña de actividade e
funcionamento que se plantexou no 2008 coa incorporación de Sergio á
Dirección.
Sergio González, ademais de asumir a Dirección Deportiva por terceiro ano consecutivo, será o adestador principal do Infantil Masculino "A", equipo formado na súa totaidade por xogadores que cumprirán o seu segundo ano na categoría infantil masculina (1996).
Ademais de intentar mellorar os erros presentes na pasada campaña e manter as melloras e avances conseguidos, un dos obxectivos principais da próxima tempada 2009/2010 será ofrecer as mellores condicións de traballo posibles aos nosos deportistas, monitores, técnicos e adestradores, así como seguir construíndo unha área sólida e estruturada no ámbito deportivo.
