O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia deu oficialmente por rematada a tempada 2008/2009 e xa está traballando no planteamento e organización da próxima tempada 2009/2010.
A entidade xa a está a traballar no grupo de traballo da próxima época: coordinadores, responsables, adestradores e monitores, así como na renovación dos patrocinadores e na captación de novos colaboradores.
O noso clube tivo unha continua e abundante actividade nesta última campaña, sendo actualmente un dos clubes galegos máis activo e con máis actividades e eventos da Federación Galega de Baloncesto, especialmente no que se refire ao deporte base.
Polo que o noso obxetivo para o futuro non é outro que manter esta actividade e ofrecer as mellores condicións de traballo posible aos nosos deportistas así como crear unha estructura sólida na área administrativa, na área económica e na área deportiva.
Proximamente aparecerán publicadas nesta páxina web, que xa superou esta tempada a cifra histórica de 100.000 visitas, tódalas novidades para a próxima tempada.

