Pablo Sánchez
continuará un ano máis como Preparador Físico da entidade a próxima tempada 2009/2010 .
Esta figura naceu a pasada campaña ao analizar a necesidade e a importancia de adquirir uns hábitos mínimos de traballo relacionados coa preparación física por parte de todos os xogadores e xogadoras do club.
O obxectivo deste traballo de Preparación Física, levada a cabo baixo a coordinación e supervisión de Pablo Sánchez, é crear desde as categorías inferiores unha base física, motriz e psíquica universal e multifacética. Se buscará proporcionar a tódolos xogadores e xogadoras de categorías inferiores unha ampla e variada cantidade de experiencias a nivel físico, a nivel motriz e a nivel psíquico.
Ademais de ser o responsable da área de Preparación Física, Pablo Sánchez será o adestrador axudante do equipo Infantil Feminino "A", formado na súa gran maioría por xogadoras nadas no ano 1996 e que na próxima tempada 2009/2010 cumprirán o seu segundo ano na categoría infantil.
