martes, 28 de julio de 2009

MÓNICA VÁZQUEZ FISIOTERAPEUTA RENOVOU A COLABORACIÓN CO CLUB PARA A TEMPADA 2009/2010

Mónica Vázquez López Fisioterapeuta renovou o acordo de patrocinio e de colaboración co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a próxima tempada 2009/2010.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos un ano máis a confianza e o apoio depositado por parte desta Fisioterapeuta no noso proxecto, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para o que será a próxima campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.