Francisco García continuará no Club Baloncesto Seis do Nadal -
Coia a próxima tempada 2009/10. Adestrará ao conxunto Júnior Feminino formado por xogadoras nadas nos anos 1992
e 1993, e ao Cadete Feminino composto
por xogadoras nadas nos anos 1994 e 1995.
Este ano Francisco García cumprirá a súa novena tempada como técnico desde a campaña 2001/02.
Na pasada tempada 2008/09 adestrou ao Júnior Feminino que competiu na Liga Zonal DVB, e ao Sénior Masculino, equipo formado na súa gran maioría por xogadores da canteira do club.
Para a próxima tempada 2009/2010 adestrará ao Cadete Feminino, equipo cun obxetivo claro de traballo continuo e constante para seguir mellorando e perfeccionando tódolos seus coñecementos e cualidades adquiridas no mundo da canastra, e ao grupo Júnior Feminino, co obxectivo de crear un grupo de traballo comprometido e esixente.
Do mesmo xeito e ao igual que na pasada campaña 2007/08, Francisco García tamén adestrará nas Escolas Deportivas Municipais dirixidas e coordinadas polo noso club.
