miércoles, 29 de julio de 2009

ALICIA ÁLVAREZ ADESTRARÁ AO BENXAMÍN MASCULINO "A" A PRÓXIMA TEMPADA 2009/2010

Alicia Álvarez, membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, continuará como adestradora do noso club a próxima campaña 2009/2010 dirixindo ao grupo federado Benxamín Masculino "A", no que será a súa terceira tempada como adestradora da nosa entidade desde a súa incorporación na campaña 2007/08.

Alicia Álvarez adestrará esta tempada 2009/2010 ao conxunto Benxamín Masculino "A", equipo federado composto na súa gran maioría por rapaces que xogarán o seu segundo ano de categoría benxamín. Este equipo terá como o seu principal obxectivo a mellora xeral constante e a adquisición de novos fundamentos do deporte da canastra.

 

Do mesmo xeito, Alicia Álvarez tamén desenvolverá funcións de monitora nas Escolas Deportivas Municipais dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.