Diego
Montenegro formará parte, un ano máis, do corpo técnico do Club
Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2009/2010. Nesta campaña, no que será o
seu segundo ano como adestrador da nosa entidade, cumprirá funcións de adestrador
axudante no Benxamín Masculino "A", equipo que xa dirixiu a pasada campaña.
Diego adestrará xunto a Alicia Álvarez ao equipo Benxamín Masculino "A", equipo federado formado na súa gran maioría por xogadores que pasarán o seu segundo ano en categoría benxamín. Este conxunto terá como principais obxectivos a mellora xeral do grupo e a aprendizaxe de novos fundamentos do deporte da canastra.
Do mesmo xeito e ao igual que na pasada campaña, Diego Montenegro tamén será adestrador nas Escolas Deportivas Municipais dirixidas e coordinadas polo noso club.
