jueves, 30 de julio de 2009

ENRIQUE BELOSO E CÉSAR ÁLVAREZ DIRIXIRÁN AO JÚNIOR MASCULINO "A" A PRÓXIMA TEMPADA 2009/2010

Enrique Beloso e César Álvarez serán os novos encargados de dirixir ao Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2009/2010. Estes dous adestradores cunha gran experiencia serán os directores de orquesta deste conxunto que estará formado na súa maior parte por júniors de segundo ano.

 

Enrique Beloso comezou a dirixir no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na tempada 1998/99 e despois duns anos de descanso por motivos laborais volveu a nosa entidade a pasada campaña 2008/09. Agora nesta campaña 2009/2010 asume o reto de adestrar xunto a César Álvarez ao conxunto Júnior Masculino "A".

 

César Álvarez comezou a súa andanza no noso club como xogador en categoría benxamín, iniciando o seu camiño como adestrador no noso club no ano 1997 e ata o ano 2004 no que abandonaba as nosas filas. Nesta tempada 2009/2010 regresa ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para facerse cargo, xunto a Enrique Beloso, do equipo Júnior Masculino "A".

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estamos moi orgullosos de poder seguir contando con Enrique Beloso unha tempada máis e de poder recuperar a César Álvarez como adestrador e como membro da nosa entidade. Desexámoslle moita sorte neste novo reto e proxecto que comezarán xuntos.