David Fernández e Enrique Celeiro adestrarán xuntos ao conxunto Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 09/10. Este equipo formado na súa maior parte por xogadores de categoría cadete de primeiro ano continuarán como a pasada campaña con David como adestrador, coa nova incorporación de Enrique Celeiro.
David Fernández, un dos adestradores que máis tempo leva vinculado ao Seis do Nadal, dirixirá a este conxunto xunto a Enrique Celeiro, equipo que xa adestrou e dirixiu a tempada pasada en categoría infantil e co que conseguiu a 10ª posición na Liga FGB Infantil Masculina.
Enrique Celeiro, técnico da nosa entidade desde a tempada 99/00 e membro do club desde máis dunha década, asume o proxecto de adestrar e dirixir xunto a David Fernandez ao Cadete Masculino "C", equipo que no seu primeiro ano de categoría cadete traballará para seguir fixando conceptos e adquirindo novos fundamentos.


