sábado, 1 de agosto de 2009

BEATRIZ VAQUERO ADESTRARÁ AO ALEVÍN FEMININO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2009/2010

Beatriz Vaquero adestrará e dirixirá ao conxunto Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2009/2010 . Esta adestradora do club, xogadora de baloncesto e monitora tamén nas escolas deportivas do AMFIV de cadeira de rodas, cumprirá no noso club o seu segundo ano como adestradora.

Para a próxima tempada Beatriz Vaquero dirixirá ao Alevín Feminino "A", equipo que coñece á perfección posto que a tempada pasada 2008/2009 realizou funcións de adestradora axudante no mesmo grupo.

Do mesmo xeito e ao igual que na pasada campaña, Beatriz Vaquero tamén será adestradora das Escolas Deportivas Municipais dirixidas e coordinadas polo noso club.