sábado, 1 de agosto de 2009

COMEZA A TEMPADA 2009/2010

Hoxe, sábado día 1 de agosto do 2009, comeza oficialmente a tempada 2009/2010 para a nosa entidade e para tódolos integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Como podedes ver nesta páxina web, a entidade xa a está a traballar intensamente no grupo de traballo da próxima época: coordinadores, responsables, adestradores e monitores; así como na renovación dos patrocinadores e na captación de novos colaboradores.

Está a traballar para conseguir esta campaña o obxetivo de manter a actividade constante da entidade ofrecida a tempada pasada 2008/09 e para ofrecer tamén as mellores condicións de traballo posible aos nosos deportistas así como crear unha estructura sólida na área administrativa, na área económica e na área deportiva.