O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará e xogará os próximos días 4 e 5 de xullo do 2009 no IV Torneo de Basquetebol Rui Roxo que se celebrará no Pavillón Galamba Marques en Figueira da Foz (Portugal).
O noso conxunto, adestrado e dirixido por David Fernández, será o primeiro equipo español que participa nunha edición do Torneo Rui Roxo e o fará xunto aos equipos Ovarense (Ovar), Seixal (Lisboa), F.C. Porto (Oporto), G.D. Gafanha (Gafanha de Nazaré), Olivais (Coimbra) e Ginasio Figueirense (Figueira da Foz).

