Durante a semana do 12 ao 19 de xullo do 2009 celebrarase nas instalacións da Universidade de Vigo o V Campus de Baloncesto de Verán organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos.
Este evento ofrecerá, por quinto ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva, que correrá a cargo de adestradores de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deportes alternativos.
As instalacións da Universidade de Vigo ofrecerán múltiples ocasións de establecer contacto con outros deportes como o béisbol, natación, rugbi, voleibol, piragüismo, balonmán, etc.
Os adestramentos de baloncesto levaranse a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e por adestradores e xogadores/as convidados doutros clubes e seleccións. Ademais todas as actividades alternativas serán desenvolvidas durante o campus por monitores ou empresas especializadas, co obxectivo de ofrecer o mellor producto de lecer.
Non perdas a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos mellores na nosa campaña. Non o dúbides e fai xa a túa inscripción do campus. Para formalizar dita inscripción é necesario enviar a folla de inscripción, o resgardo do ingreso ou fotocopia e fotocopia da cartilla da seguridade social ademais do dni do neno/a antes do 8 de xullo do 2009 a través do fax 986.227.275 ou a través do email baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.
Para consultar o folleto do campus e a folla de inscripción podedes pinchar na imaxe correspondente.


