

As Preseleccións Galegas de categorías infantil feminina e masculina celebrarán a partir do luns 6 de xullo, a súa primeira concentración de cara á nova tempada 2009/2010.
Esta primeira concentración contará con deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. En categoría masculina foi convocado o deportistas Jorge Cabaleiro (1996), estando convocadas coa preselección galega de categoría feminina as xogadoras Sara Diéguez (1996), Irea González (1996), Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997).
Tanto os xogadores como as xogadoras convocadas para esta cita permanecerán desde o luns 6 de xullo e ata o día 10 de xullo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
As sesións de adestramentos e a convivencia de ambos grupos protagonizarán as diferentes xornadas programadas para esta primeira concentración desta nova tempada.
