
Porriño e Lugo acollerán tódolos encontros da Segunda Concentración do Campionato Galego de Seleccións de categoría infantil e cadete que se celebrará o venres 1 e o sábado 2 de maio, respectivamente.
O Campionato Galego de Seleccións Zonais en categorías cadete e infantil, masculina e feminina, celebra esta fin de semana a segunda das tres concentracións que conforman esta competición. A vila de Porriño o venres e a de Lugo o sábado acollerán os encontros desta segunda concentración, divididos en cada sede segundo tódalas Delegacións da Federación Galega de Baloncesto.
Deste xeito, no Pavillón Municipal de Porriño competirán o venres as seleccións viguesas, máis as seleccións de Santiago e Ferrol. E, pola súa banda, o sábado en Lugo enfrontaranse os combinados lucenses xunto coas seleccións de Ourense, Arousa e Coruña.
Nesta ocasión do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia haberá representación nas categorías infantil masculina e feminina. Jorge Cabaleiro (1996), Lino Comesaña (1996) e Adrián Covelo (1996) formarán parte do combinado vigués en categoría infantil masculina, e Sara Araújo (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996) e Andrea Muñoz (1996) son as integrantes da Selección Zonal Infantil Feminina.
No corpo técnico destas seleccións zonais tamén haberá representación da nosa entidade xa que Marcos López, adestrador do Alevín Feminino "B", dirixirá á Selección Zonal Infantil Masculina nesta nova concentración.
O Campionato Galego de Seleccións Zonais dispútase divido en tres concentracións repartidas no tempo nas que, grazas ao seu formato, ao remate das tres citas teranse enfrontado entre sí xa todas as Delegacións Zonais da Federación Galega de Baloncesto. Podedes pulsar aquí para acceder ao calendario de xogo desta concentración.


