O pasado venres 1 de maio nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Cuarta Edición do Torneo Internacional Caixanova Benxamín "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" como preámbulo do que foi o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet.
Un total de oito equipos participaron neste torneo de categoría benxamín. Caixanova Seis do Nadal M-A, Caixanova Seis do Nadal M-B, Caixanova Seis do Nadal Fem, C. Salesianos, Maristas Celta, Porriño Baloncesto Base, G.D.G. Basquetebol (Portugal) e Illiabum Club (Portugal) foron os oito equipos protagonistas da tarde de baloncesto do pasado venres 1 de maio.
Despois de 10 partidos xogados nas instalacións do Colexio Seis do Nadal clasificaronse para a final o Caixanova Seis do Nadal M-A e o Colexio Salesianos, xogando o partido polo terceiro e cuarto posto o Maristas Celta e o Illiabum Clube.
Na final do torneo o equipo anfitrión conseguía o trofeo de campión despois de superar ao Colexio Salesianos nun encontro cargado de deportividade e diversión. Pola outra banda, o terceiro posto foi tamén para un equipo vigués, nesta caso para o Maristas Celta que conseguía impoñerse ao Illiabum Clube nun encontro moi igualado e disputado.
O IV Torneo Internacional Caixanova Benxamín clausurouse coa entrega de medallas, trofeos e premios a tódolos equipos e deportistas participantes, por parte da Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.






















