jueves, 30 de abril de 2009

PRESENTACIÓN OFICIAL DO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET DO SEIS DO NADAL

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, unha cita deportiva anual da entidade e da cidade de Vigo co Minibásquet que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio, co patrocinio de Caixanova.

 

O torneo presentouse o pasado mércores 30 de abril do 2009 na carpa de Caixanova do Village do Desafío Atlántico de Grandes Veleros e contou coas intervencións de Jorge Santos, Director de Publicidad Institucional e Patrocinios de Caixanova; Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e do seu Director Deportivo, Sergio González.

 

Cunha traxectoria de 8 anos, a experiencia foi unha das grandez bazas adquiridas ao largo deste tempo, desde que o Torneo Internacional de Minibásquet botou a rodar na tempada 2000/01. Cunha docena de equipos participantes, a metade en categoría masculina e a outra en feminina, o índice de participación foi subindo paulatinamente, coa prudencia necesaria para ir configurando un gran evento deportivo nas categorías inferiores.

 

Na pasada edición do 2008, doce foron os equipos que se enfrentaron na cancha do Pavillón Municipal de Coia e na do propio Colexio Seis do Nadal, duplicándose este ano con 24 equipos nas pistas, que estarán ubicads na Grada de Río, do Estadio Municipal de Balaídos.

 

Os clubes invitados para esta fin de semana son, en categoría feminina, os dous equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (Vigo), o Porriño Baloncesto Base (O Porriño), o R.C. Celta (Vigo), o Club Baloncesto Arxil (Pontevedra), o G.D.G. Gafanha (Portugal), o F.C. Porto (Portugal), o Club Baloncesto Baiona (Baiona), o Carmelitas Vedruna (Ourense), o Básquet Coruña (A Coruña), o Illiabum Clube (Portugal) e o Compañía de María (Vigo).

 

En categoría masculina estarán representados os clubes Marín Peixegalego (Marín),  Porriño Baloncesto Base (O Porriño), os portugueses G.D.G. Gafanha, Juvente Pacense e F.C. Porto, Carmelitas Vedruna (Ourense), C.B. Cidade de Pontevedra (Pontevedra), Club Instituto Rosalía de Castro (Santiago), Básquet Coruña (A Coruña), Colexio Salesianos (Vigo) e os dous conxuntos do anfitrión Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

O volume de participación alcanza nesta edición os 400 xogadores e xogadoras, 60 técnicos e adestradores e un total de 52 encontros que se dispuarán na súa totalidade entre as tres xornadas do torneo.

 

Para esta edición e como potenciación das categorías inferiores, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza como previo do encontro internacional, unha nova edición do Torneo Internacional Caixanova Benxamín, o 1 de maio, que se disputará o venres pola tarde, nas pistas deportivas do propio centro escolar.

 

Os equipos que participarán nesta preámbulo da fin de semana son os tres equipos benxamíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (Vigo), o R.C. Celta (Vigo), o Colexio Salesianos (Vigo), o G.D.G. Gafanha (Portugal), o Illiabum Clube (Portugal) e o Porriño Baloncesto Base.