domingo, 28 de junio de 2009

O INFANTIL MASCULINO "B" SUBCAMPIÓN DA LIGA DVB INFANTIL MASCULINA DIVISIÓN "A" 2008/09

INFANTIL MASCULINO "B"

SUBCAMPIÓN LIGA DVB DIV. "A" 2008/09

O conxunto Infantil Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Eijo Garay Seis do Nadal, adestrado por Miguel A. Simón e Jose Egea, proclamouse subcampión da Liga DVB de categoría Infantil Masculina División "A" desta tempada 2008/09.

Este equipo formado integramente por xogadores de categoría infantil de primeiro ano nados no ano 1996 conseguiu o subcampionato da Liga Zonal Infantil Masculina División "A" ao realizar unha excelente fase regular e realizando un gran traballo neste o seu primeiro ano de categoría infantil.

A clasificación final desta Liga DVB Infantil Masculina foi:

1º- C.B. VIGO AM

2º- EIJO GARAY SEIS DO NADAL

3º- C.B. AIREXA

4º- C.B. TUI SETA

5º- COMPAÑÍA DE MARÍA

6º- CANTEIRAS "B"

7º- MARISTAS

O pasado luns 22 de xuño no Colexio Eijo Garay, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, foi o encargado de entregar as medallas e o trofeo ao equipo Caixanova Eijo Garay, equipo subcampión da Liga DVB Infantil Masculina desta campaña 2008/09.