domingo, 28 de junio de 2009

O EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO "A" CAMPIÓN DA LIGA DVB BENXAMÍN MIXTA DESTA TEMPADA 2008/09

BENXAMÍN MASCULINO "A"

CAMPIÓN LIGA DVB 2008/09

O conxunto Benxamín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal M-A, do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado e dirixido por David Rodríguez e Idelfonso García, proclamouse campión da Liga DVB de categoría Benxamín Mixta desta tempada 2008/09.

O noso equipo clasificouse para o grupo que xogaba do 1º ao 6º posto xunto ao Salesianos Masculino, Maristas "A", C.B. Tui Seta, Carmelitas e Compañía de Marí Feminino, despois de rematar na 1ª posición do Grupo "A" da Fase Previa da competición.

A clasificación do Grupo "A" da Fase Previa desta Liga DVB foi a seguinte:

1º- CAIXANOVA SEIS DO NADAL M-A

2º- MARISTAS "A"

3º- COLEGIO GARCÍA BARBÓN

4º- BAIONA ANFACO

5º- CANTEIRA MASCULINO

6º- COMPAÑÍA DE MARÍA MASC.

7º- AMOR DE DIOS

8º- A.G. CASTRO SAN MIGUEL

A clasificación final do 1º ao 6º posto da Liga DVB Benxamín Mixta rematou do seguinte xeito, sendo o noso grupo Caixanova Seis do Nadal M-A o grupo que encabeza a clasificación como campión desta tempada 2008/09:

1º- CAIXANOVA SEIS DO NADAL M-A

2º- SALESIANOS MASCULINO

3º- MARISTAS "A"

4º- C.B. TUI SETA

5º- CARMELITAS

6º- COMPAÑÍA DE MARÍA FEM

O pasado luns 22 de xuño no Colexio Eijo Garay, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, foi o encargado de entregar as medallas e o trofeo ao equipo Caixanova Seis do Nadal M-A, equipo campión da Liga DVB Benxamín Mixta desta campaña 2008/09.