domingo, 28 de junio de 2009

O CONXUNTO INFANTIL FEMININO "B" SUBCAMPIÓN DA LIGA DVB INFANTIL FEMININA DIVISIÓN "B" 2008/09

INFANTIL FEMININO "B"

SUBCAMPIÓN LIGA DVB DIV. "B" 2008/09

O conxunto Infantil Feminino "B", Óptica A&B Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Aalí Mohamed e Antía García, proclamouse subcampión da Liga DVB de categoría Infantil Feminina División "B" desta tempada 2008/09.

A clasificación final ao remate desta Liga DVB de categoría Infantil Feminina División "B", na que o noso equipo ocupa o segundo lugar, foi:

1º- C. MARIANO

2º- ÓPTICA A&B CELSO EMILIO FERREIRO

3º- C.B. AIREXA NIGRÁN "B"

4º- C. LOS SAUCES

5º- EMBRUJO CÉLTICO CAIXANOVA

6º- C.B. CASELAS / E.D.M. SALCEDA

7º- MARISTAS CELTA

8º- CALASANCIAS

O pasado luns 22 de xuño no Colexio Eijo Garay, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, foi o encargado de realizar a entrega do trofeo e medallas ao equipo Óptica A&B Celso Emilio Ferreiro, equipo subcampión da Liga DVB Infantil Feminina División "B"desta campaña 2008/09.